Novas

25-01-2019 -

VII Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene este domingo no pavillón de A Xunqueira

O pavillón de A Xunqueira, en San Valentín, acollerá este domingo 27 de xaneiro a VII edición do Trofeo de Baile Deportivo Concello de Fene. Celebrarase en horario de 11 a 20,30 coa participación duns 300 bailaríns e bailarinas -90 parellas e 6 grupos de danza coreográfica-. Nenos e nenas a partir de 4 anos e adultos. Trátase dunha competición puntuable para o ránking nacional e autonómico, e probas Open Internacional e nela tomarán parte campións e subcampións de España de Baile Deportivo. Así mesmo, acudirán a Fene parellas de toda Galicia e doutros puntos do territorio nacional e, na proba internacional, contarase coa presenza de parellas de Portugal.
24-01-2019 -

O Concello activa nos coles obradoiros para fomentar o uso responsable das TICs Celebraranse en xaneiro e febreiro, baixo o título “Desenrédate!”

A Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe a concelleira Juana Barro vén de poñer en marcha nos centros educativos de Fene unha serie de obradoiros para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías baixo o título “Desenrédate! Prevención de adiccións e bo uso das TIC”. Comezaron este mes de xaneiro e prolongaranse ata febreiro. En concreto, os centros educativos acollidos ao programa son o CPI Xunqueira (11 e 18 de xaneiro e 1 de febreiro); CEIP Centieiras (23 de xaneiro e 6 de febreiro); Jorge Juan (24 e 31 de xaneiro); IES Fene (8 de febreiro) e CEIP O Ramo (12 de febreiro). Así mesmo, como complemento das sesións co alumnado tamén están previstas sesións para as familias naqueles centros escolares nos que exista demanda e se reúna a un grupo superior ás dez persoas.
24-01-2019 -

O Concello abre o prazo para solicitar as bonificacións nos recibos de IBI, rodaxe e lixo

O Concello de Fene vén de abrir o prazo para solicitar as bonificacións aprobadas recentemente nos recibos do Imposto de Bens Inmobles (IBI); Imposto de Vehículos de tracción mecánica (rodaxe) e Recollida de Residuos Sólidos Urbanos (lixo). Así, os veciños e veciñas interesados poden presentar a solicitude na primeira planta da Casa do Concello, onde se lles informará pormenorizadamente da documentación que deben presentar, ou ben en calquera das oficinas de Xestión Tributaria da Deputación provincial da Coruña, sitas en Narón, Ferrol ou A Coruña.
23-01-2019 -

Novos berces Montessori para os pequenos e pequenas da Escola Infantil de Perlío

O Concello de Fene dotou de novos berces á Escola Infantil de Perlío. Uns berces Montessori deseñados a partir dos bocetos trasladados polas educadoras do centro e baseados no modelo educativo ideado pola educadora e médica María Montessori para promover a autonomía dos máis pequenos e pequenas. Unhas infraestruturas ás que poden acceder eles mesmos para conciliar o sono cando así o precisen.
22-01-2019 -

O Concello completa a poda e saneado de 118 árbores en diferentes parques da cidade

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de completar os traballos de poda de 118 árbores sitos en diferentes espazos públicos da cidade. Máis concretamente, no parque Rosalía, no parque Blanco Amor, no parque de Seguridade Vial de Barallobre, nas Vivendas de Sillobre e na Torre.
18-01-2019 -

O Concello de Fene recupera unha parcela en desuso de 5.000 m2 para habilitar un circuito de cross único na comarca

Fene contará antes de que remate o mes de xaneiro cun circuito de cross duns 5.000 metros cadrados único na comarca. Así o avanzou o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, tras o inicio das obras de acondicionamento da zona. A parcela, de titularidade municipal, está emprazada nas inmediacións do IES de Fene, en Barallobre, e linda coas recén recuperadas pistas de atletismo. Unha e outra infraestructura estarán conectadas e sumarán uns 12.500 metros cadrados para a práctica deportiva no Concello.
17-01-2019 -

O Concello executa as obras para acabar coas inundacións no peirao de Barallobre

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou do inicio dos traballos para dar solución aos recurrentes anegamentos rexistrados en vivendas da zona baixa da Ribeiroa, no peirao de Baralllobre. As obras, orzamentadas nuns 9.000 euros, contemplan a renovación das canalizacións nun tramo de 10 metros e prevese que estén concluídos este mesmo mes.
14-01-2019 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este xoves

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase este xoves, 17 de xaneiro, a Fene. Permanecerá diante do centro de saúde en horario de mañá –de 9,30 a 14,30 h- e de tarde –de 15,30 a 21 h- e, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.
14-01-2019 -

A Casa da Cultura acolle a exposición de pintura e debuxo “Des_amparo” de Laura Bouza

A creadora Laura Bouza inaugurou o pasado venres a súa exposición “Des_amparo” na Casa da Cultura de Fene, nun acto no que estivo acompañada polo alcalde, Gumersindo Galego. Trátase dunha exposición de pintura e debuxo que se adentra na evolución e fases do alzheimer, enfermidade sobre a que xira toda a mostra.
10-01-2019 -

Laura Bouza inaugura este venres na Casa da Cultura a mostra “Des_amparo”

A Casa da Cultura de Fene inaugura exposición este venres, 11 de xaneiro. A artista Laura Bouza trae ó municipio a súa mostra “Des_amparo”, que poderá visitarse durante todo o mes. Ata o día 30, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, namentras que os sábados, de 10 a 13 horas. O acto de inauguración, con entrada libre, celebrarase mañá venres, ás 20 horas, e contará coa asistencia da creadora, ademais do alcalde, Gumersindo Galego, e da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa.