Noticias

09-11-2018

Fene acolleu o curso Xuntos nos Coidados para coidadores de persoas afectadas de alzheimer

Unha veintena de persoas tomaron parte no curso Xuntos nos Coidados que se celebrou esta semana no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene. Unha acción formativa gratuíta dirixida a persoas con familiares a cargo afectados de alzheimer ou outro tipo de demencia. O curso desenvolveuse en dúas sesións. Á primeira dela asistían a presidenta de AFAL Ferrolterra, Ana María López, e a vicepresidenta, Montse López, entidade que imparte o curso, así como o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e a edil de Benestar, Juana Couto, concello que colabora coa iniciativa, impulsada pola Federación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social. Todos eles aproveitaban a oportunidade para dar a coñecer o labor que desenvolve AFAL a favor das persoas afectadas e das súas familias e coidadores, con dous centros de día terapéuticos en Ferrol. Tamén dos diferentes cursos que o Concello, municipio solidario co alzheimer, desenvolve ó longo do ano nesta materia. Así mesmo, o alcalde avanzaba a próxima celebración de charlas sobre a enfermidade nas parroquias. Charlas que impartirá AFAL e cuxo calendario se dará a coñecer nas próximas semanas.

08-11-2018

Arranca en Fene o curso de carpintería e moble do obradoiro de emprego REINICIA V

A acción formativa, de nove meses de duración, estase a desenvolver na Nave Municipal de San Marcos, na parroquia de Sillobre, e na mesma participan dez alumnos e alumnas. Dito obradoiro combina formación e traballo, polo que os seus alumnos teñen un contrato de formación.

 

 

 

O ciclo de monólogos continúa este venres co actor Marcos Pereiro e a súa experiencia sobre "Como ser armario empotrado"

O ciclo de monólogos "Novembro, Mes do Humor" que promove a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa continúa este venres, 9 de novembro, da man do actor Marcos Pereiro e as súas claves sobre "Como ser armario empotrado". Terá lugar no Museo do Humor de Fene, con entrada de balde pero con necesaria retirada de convite –dúas por persoa-, o mesmo venres a partir das 18,30 horas na conserxería da Casa da Cultura. A función dará comezo ás 21 horas, trala inauguración da exposición "Pinto&Chinto. 25 anos” prevista para ese mesmo día ás 20 horas.


O Concello de Fene inaugura este venres a exposición "Pinto&Chinto. 25 anos"

"Pinto&Chinto. 25 anos" é o título claro e conciso da nova exposición que este venres, 9 de novembro, inaugura o Concello de Fene na Casa da Cultura sobre a obra de dous dos maiores referentes do humor gráfico galego. Unha mostra orixinal e sorprendente que constrúe un percorrido sobre a producción gráfica periodística de Pinto e Chinto.


Proxección da curta "MIÑA" e foro sobre a violencia de xénero este xoves en Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este xoves, 8 de novembro, a proxección da curta "MIÑA", do director Michael J. Cassidy, e un foro/debate posterior con profesionais especializados onde se tratará o abordaxe da violencia de xénero no ámbito veciñal. Será a partir das 19 horas con entrada libre e de balde.


Axenda

  • 16-11-2018

    Actuación de Carmen Méndez no "Novembro, mes do humor"

    Museo do Humor

    Terceira función do ciclo "Novembro, mes do humor" no Museo do Humor, ás 20.00 horas. As invitacións (dúas por persoa) recolleranse a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Espectáculo para público adulto.

    Máis info
  • 23-11-2018

    Caxoto Contacontos no "Novembro, mes do humor"

    Museo do Humor


    Cuarta función do ciclo "Novembro, mes do humor" no Museo do Humor, ás 20.00 horas. As invitacións (dúas por persoa) recolleranse a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Espectáculo para público adulto.

    Máis info
  • 30-11-2018

    Actuación de Federico Pérez no "Novembro, mes do humor"

    Museo do Humor

    Quinta e última función do ciclo "Novembro, mes do humor" no Museo do Humor, ás 20.00 horas. As invitacións (dúas por persoa) recolleranse a partir das 18.30 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). Espectáculo para público adulto.

    Máis info

Tamén en fene.gal