Deporte

Novas

  • O Concello abre a preinscrición para participar na campaña de esquí da Deputación

    O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación provincial da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro. Para participar é preciso formalizar a preinscrición no departamento de Cultura e Deportes –Avenida Naturais, 44, entrechán-, dende hoxe, día 2, e ata o 10 de xaneiro, de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas. Os mércores 2 e 9 de xaneiro tamén se recollerán preinscricións de 16 a 18 h. Será preciso achegar un volante de empadronamento no Concello de Fene e cubrir a correspondente ficha.

  • O Concello de Fene convida a nenos e maiores a patinar sobre xeo

    A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida inaugura esta tarde, a partir das 16,30 horas, unha pista de xeo sintética na pista polideportiva de San Valentín. Permanecerá aberta ata o vindeiro luns, 7 de xaneiro, coincidindo cos últimos días das vacacións escolares de Nadal, e o seu horario será de 16,30 a 20,30 horas.

  • Máis de 600 persoas tomarán parte este sábado na VI San Silvestre de Fene

    Un total de 601 persoas inscribíronse na VI edición da Carreira e Andaina de San Silvestre que organiza mañá sábado a Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida. Unha cita que congregará a veciños e veciñas de todas as idades para despedir o ano facendo deporte.

Ver máis