Cultura

Novas

  • Mostra bibliográfica para visibilizar a muller na historia na Biblioteca Municipal

    Para conmemorar o Día Internacional da Muller, a Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé ofrecerá ata 16 de marzo unha mostra bibliográfica na que se atoparán materiais relacionados coa visibilización da muller na historia, sobre a igualdade e, ademais, unha pequena selección de libros en homenaxe a grandes mulleres coma Rosalía de Castro, María Victoria Moreno, Frida Kahlo, Concepción Arenal, Ángeles Alvariño, Malala Yousafzai, Virginia Woolf, Clara Campoamor...
    Estará dispoñible durante o horario de apertura da biblioteca: de luns a venres, de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00 horas.

  • Cancelado o desfile de comparsas de Entroido por mor das inclemencias meteorolóxicas

    As dezasete comparsas que participan este ano no Entroido de Fene concentraranse finalmente  ás seis do serán na Praza do alcalde Ramón Souto González, a carón da Casa do Concello. Perante as previsións meteorolóxicas que anuncian choiva durante toda a tarde, a Concellería de Cultura do Concello de Fene tomou a decisión de cancelar o desfile de comparsas que tradicionalmente se desenvolvía polas rúas de Perlío e Fene. Mantense, segundo o previsto, o Festival de Comparsas e a verbena coa orquestra Olympus e, se o tempo o permite, a queima do Meco e a sesión pirotécnica. 

  • Dezasete comparsas participarán mércores no desfile e festival do Entroido de Fene

    A Canteira, Oje de Ferrol, Paso a Paso, Os argalleiros, A revolta de Trasancos, Os parrandolos, As científicas de Centieiras e Os Scratchados. Son as comparsas que este ano actuarán no festival que o Concello de Fene organiza para o Mércores de Cinza, día grande do Entroido fenés. Previamente, e canda elas, tomarán parte no tradicional desfile de comparsas polas rúas do concello: Os colludos, Troupele troupele, As Xoaniñas de Chao, Colexio Belén, Retrinche mexicano, A comparsa da Semente, Os mecos, Patrulla verde de Domus Vi e Domus Vi.

Ver máis