Benestar e igualdade

Novas

  • Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Lugo

    Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Fene, convócase para o martes 11 de febreiro de 2020 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE CLARA Mª EXPÓSITO VILANOVA de 49 anos Veciña de Lugo.

    Clara foi asasinada este sábado pola parella, Francisco Javier B.F., de 47 anos, en Lugo pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas as mulleres polo mero feito de ser mulleres. Este asasinato constitúe o segundo acto de violencia machista en Galicia no que vai de ano.


    Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.

  • Máis de 350 alumnos e alumnas de Educación Primaria de Fene, Mugardos e Neda participan no programa Cine e Saúde

    Un total de 352 alumnos e alumnas de Educación Primaria de 9 centros educativos dos municipios de Fene, Mugardos e Neda participan este mes no programa Cine e Saúde que impulsan os tres concellos ao abeiro do proxecto de prevención de condutas aditivas e promoción da saúde no eido local e co apoio da Consellería de Sanidade.

    A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema. Así, mediante a proxección dunha película vaise profundizando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas. O programa vai dirixido á poboación escolar de Primaria, ao profesorado que imparte clases neste nivel como axentes executores do mesmo e ás familias que, mediante as ANPAS, teñen a posibilidade de organizar sesións para traballar os contidos da película e con esa información desenvolver habilidades educativas que provoquen un efecto multiplicador na promoción da saúde.

  • O Concello de Fene ofrece terapias de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

    O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o presidente de Afal Ferrolterra, Francisco Pantín, animaban esta mañá ás familias coidadoras de persoas con alzheimer e outras demencias a solicitar a participación no programa de terapias que o Concello ofrece para as persoas afectadas. Un programa de obradoiros de estimulación cognitiva que busca retardar o avance da doenza e mellorar a calidade de vida.
     

Ver máis