04-06-2019

Proxecto INDIRA

Todos os martes, de 10,30 a 12,30 horas no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avenida do Mar, Bloque 1-Baixo) até o 13 de agosto

05-06-2019

Inscricións cursos mergullo

Inscricións no Pavillón Polideportivo da Xunqueira dende o día 5 de xuño.

09-06-2019

Prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira

Inscricicións no pavillón municipal da Xunqueira. Do 10 ao 21 de xuño será o turno dos veciños e vecinas de Fene e, do 24 de xuño ao 3 de xullo, para os/as residentes noutros municipios. O horario para formalizar o trámite é de 8,30 a 14,30 horas de luns a venres e, os días 12, 19 e 26 de xuño, tamén de tarde de 16,15 a 19 horas.

09-06-2019

Inscricións no Verán Máis Alá

O prazo estará aberto o xoves 13 de xuño –de 8 a 19 horas- e o venres 14 de xuño –de 8 a 14 h-. En caso de que queden prazas vacantes  abrirase o programa a veciños/as doutros concellos, que poderán anotarse o luns 17 de xuño de 8 a 14,30 horas.

10-06-2019

Exposición Libros de Artista “Animalario”

A mostra pode visitarse na Casa da Cultura ata o 30 de xullo (inclusive) de luns a venres de 10 a 13 horas e de 18 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 h (a partir do día 21, de luns a venres de 10 a 14,15 horas).

14-06-2019

Inscrición actividades deportivas de verán

No departamento de Cultura e deportes sito na avenida naturais 44 dende o 18 de xuño ás 9.00 h