19-02-2018

Tardes activas

De luns a venres nos locais sociais de Fene. 

02-10-2018

Exposición Premios Curuxa 2018

Mostra de humor gráfico promovida polo Museo do Humor a partir dos debuxos presentados aos Premios Curuxa 2018. Amósase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22).

19-10-2018

Fene un Mar de Tapas

Concurso gastronómico con degustación de tapas ao prezo único de 1.5 € nos establecementos de hostalaría inscritos.

21-10-2018

Ruta BTT Sendeiros de Fene

Saída ás 09.30 h do Polideportivo de San Valentín

25-10-2018

Presentación libro

Presentación do libro de Francisco Oti Ríos, O novo teatro galego en Perlío: Teatro Círculo e Tagallo, editado por Ediciones Invasoras. Será o xoves 25 de outubro ás 20 horas

26-10-2018

Entrega dos Premios Curuxa 2018

O Museo do Humor acolle ás 20.00 horas a clausura da exposición dos Premios Curuxa 2018 e a entrega de premios aos/ás gañadores/as do certame este ano. O acto incluirá unha actuación do monologuista José Luís Gutiérrez, "Guti". Entrada libre. 

27-10-2018

XXX Xuntanza de Gaiteiros

A partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXX Xuntanza de Gaiteiros

31-10-2018

Presentación do catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto"

Ás 20.00 horas preséntase no Museo do Humor o catálogo da exposición "Cerámicas Pérez Porto", editado pola Deputación da Coruña. Intervirán: o editor e xestor cultural Pedro Blanco Llano, o ceramista Francisco Pérez Porto  e o alcalde de Fene Gumersindo Galego. Entrada libre.