Fene cidadán

Saltar menú

Convocatorias

CONCELLERÍA DE ORGANIZACIÓN, PERSOAL, EMPREGO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Contratación laboral temporal de tres conductores/as

09/07/2010

Publicado no Diario de Ferrol do venres 9 de xullo o anuncio da contratación laboral temporal de tres conductores/as do vehículo motobomba para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais

A selección realizarase por concurso de méritos, realizándose unha proba práctica.

Para tomar parte na selección as persoas interesadas deberán solicitar a súa participación mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, conforme o modelo que consta no Anexo das bases aquí achegadas.

A instancia presentaráse no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de  Fene no prazo de cinco (5) días naturais a contar desde o seguinte ao da data de publicación desta convocatoria nun xornal dos da máxima difusión da provincia (publicado no Diario de Ferrol o 9 de xullo de 2010), debendo aportar copia complusada do documento acreditativo da titulación esixida, do Documento Nacional de Identidade , do carnet de conducir C, e da documentación acreditativa dos méritos que se aleguen.

A lista de admitidos e excluídos publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello o segundo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de instancias, concedéndose un prazo de dous días hábiles a efectos de reclamacións. En dita Resolución fixaráse a data, hora e lugar para a realización da proba práctica.

 De non presentarse reclamacións, a lista provisional devendrá definitiva.



Requisitos: Os/as aspirantes deberán reunilos seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de instancias:

a)-Ser español ou extranxeiro nos termos previstos no artigo 57   da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do Empleado público con coñecementos suficientes da lingua castelá e/ou galega.

b)- Ter  cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do certificado de escolaridade

d) Estar en posesión do carnet de conducir, clase C

e) Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios ou para exercer funcións similares as que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido inhabilitado ou seprado. No caso de ser doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos seus Estados, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

f)  Non estar incurso en causas de incopatibilidade de confomidade co establecido na lei 53/84, do 26 de decembro, de incompatabilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

g) Non padecer enfermidade nin estar afectado por imitación física ou psíquica que sexa incompatible có desempeño das correspondentes funcións.

Os presentes requisitos entenderanse referidos á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias.



Documentos relacionados

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información