28/06/2010
O Campamento Urbano é un programa pensado para todos aqueles nenos e nenas (nados entre o 1998 e o 2006) que queiran pasar un rato divertido nas mañás do mes de agosto (de 11.00 a 13.30 horas) no CMI Unidade de Fene.
As actividades a realizar (segundo grupos de idade) serán actividades dinámicas, xogoterapia, cociña, animación a lectura e actividades creativas.Para poder participar só tedes que achegarvos ás dependencias administrativas da Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais 44, entrechán dereita - Fene. Tlf.: 981 340 366) e cubrir a ficha de datos xunto coa autorización.
A inscrición será entre o 1 e o 16 de xullo de 2010 de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas.
Coa solicitude achegarase a seguinte documentación: Fotocopia da Tarxeta Sanitaria + Certificado Médico.
A matriculación realizarase por rigorosa orde de inscrición até cubrir as 25 prazas.
Cada persoa poderá matricular a un só participante (agás no caso de irmáns).
Unha vez reservada a praza, realizarase o ingreso bancario (cota 33,80). Ingreso que se deberá de realizar do 19 ao 23 de xullo de 2010.Entregarse o xustificante no Dep. de Cultura, Deportes e Xuventude.
As familias con escasa capacidade económica poderán acollerse á redución de cotas según a Ordenanza Fiscal do Concello de Fene.
En prazo de presentación: 01/07/2010 - 16/07/2010
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006