Fene cidadán

Saltar menú

Convocatorias

ALCALDÍA

Convocatoria das subvencións a entidades sen fin de lucro para o exercicio 2009

28/01/2010

Publicadas as bases da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro para o exercicio 2009. (BOP 28 de xaneiro de 2010)

Ámbitos subvencionados:

Actividades culturais: gastos correntes derivados de celebracións, exposicións, concursos, certames, mostras, excursións, conferencias, estudos, gastos correntes derivados do normal funcionamento da entidade para o caso de ser titulares de locales (luz, telefono, compras de bens correntes e servizos (consumibles de oficina,etc), etc ),escolas culturais, gastos da organización de festas e romarias, e en xeral, actividades dirixidas á conservación, promoción ou divulgacion das tradicións e valores culturais propios do Concello de Fene.

Actividades deportivas: gastos correntes derivados do funcionamento e participación en campionatos deportivos tales como fichas de inscripcion en competicións, desprazamentos, gastos de mantemento de instalacións (luz, teléfono, etc) etc., escolas deportivas, así como a organización doutras actividades deportivas de intereses público.

Actividades educativas; gastos derivados da organización de escolas culturais e deportivas, excursións, festivais, e outras actividades de interese educativo.

Serán subvencionables as actividades que se desenvolvan ao longo do exercicio 2009, ou no caso das que duren un curso académico ou tempada deportiva, as realizadas no curso/tempada 2008/2009.

Non serán subvencionables os gastos derivados da adquisicións de bens inventariables como inmobles, vehículos, equipos informáticos,maquinaria, e , en xeral, os que teñan carácter de investimento ou equipamento. Tampouco son subvencionables os gastos financieiros, notariais, rexistrais, periciais, multas, sancións e recargos administrativos ou penais nin os tributos directos a cargo dos beneficiarios.

Non serán subvencionables as actividades suxeitas a un convenio de colaboración co concello ou as que xa recibisen unha subvención municipal directa (contía económica determinada) ou indirecta ( trofeos, propaganda, cesión de material,... )

Non poderán ser obxecto de subvencións as actividades subvencionadas no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou de plans doutras administracións públicas, e en concreto da Xunta de Galicia ou Deputación Provincial, cando o importe destas últimas atinxa o 100% de actividade a realizar. En caso contrario poderá ser subvencionábel e complementario o importe da actividade na contía restante até chegar ao total do importe da actuación.



Dirixido:

Poderán optar a estas subvencións as entidades ou asociacións xurídicamente constituídas, os comités veciñais, as comunidades de bens ou calquera unidade económica ou patrimonio separado que, anque carezan de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención. As agrupacións sen personalidade xurídica deberán nomear un representante com poderes bastantes para poder cumprir as obrigacións que como beneficiário lle correspondan á agrupación; e as ANPAS que cumpran as seguintes condicións:

Carecer de ánimo de lucro.

No caso de asociacións, estar inscrita nun Rexistro provincial ou autonómico de asociacións e desenvolver as súas actividades no termo municipal de Fene.

Non ter pendente de xustificacion ningunha subvención municipal concedida nos exercizos anteriores ou ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada ou ter desistido de forma motivada e por escrito.

Estar ó dia nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.



Documentación:

Formalizarase nos modelos de solicitude establecidos e presentarase no Rexistro Xeral do Concello ou por algunha outra forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novenbro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedenento administrativo común.

Os interesados estarán exentos de presentar aquela documentación que xa obre en poder da Administración facéndoo constar debidamente na súa solicitude.

Xunto coas solicitudes achegarase a seguinte documentación:

1. Documentación xeral da Entidade:

a) Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade.

b) Fotocopia compulsada da tarxeta do NIF do representante.

c) Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade segundo modelo aprobado polo Concello.

d) Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade.

e) Certificación original acreditativa do acordo de solicitude e do nomeamento de representante para as súas relacións co concello.

f) Declaración /certificado de estar ó corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, co Concello e coa Seguridade social. Cando a subvención solicitada sexa superior os 3000,00 €, cumprirá achegar as certificacións de estar ó corrente côas obrigas tributarias e seguridade social.

g) Certificación acreditativa de:

o Número de socios activos da entidade.

o Aceptación das bases da convocatoria

h) Declaración responsábel conforme

- O representante de non está incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e recibir subvencións da Administración pública.

 2. Documentación específica da subvención.

a) Solicitude en modelo oficial conforme os modelos facilitados no departamento de cultura e deportes na que figurará entre outros datos a contía da axuda solicitada, asinada polo presidente ou persoa autorizada, por escrito, polo mesmo.

b) Memoria explicativa das actividades a realizar no ano 2009 e na que se fará constar os obxectivos que se han de acadar así con mención ás persoas beneficiarias directa ou indirectamente, número de actividades e días nos que se desenvolverá.

c) Orzamento de gastos e forma de finanzamento previsto, no que ser fará mención expresa ó importe da subvención solicitada ó concello, e as solicitudes ou concesións doutras subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo fin.

Os comités veciñais presentarán ademais, acta fundacional coa relación dos seus componentes, unha fotocopia do CIF solicitado para o efecto e certificación de conta bancaria aberta para a finalidade.

As entidades deportivas terán que achegar, ademais, certificacións orixinais expedidas polas federacións respectivas acreditando os equipos federados da sociedade na tempada 2008-2009 ou fichas compulsadas dos equipos–deportistas correspondentes á citada tempada.

As entidades que soliciten subvencións para a creación de escolas culturais e deportivas terán que achegar ademais:

a) Memoria explicativa das escolas postas en marcha no curso 2008-2009 con indicación expresa dos seguintes extrenos:

o Nome da actividade.

o Instalación na que se desenvolve.

o Enderezo da instalación.

o Datos persoais e titulación do monitor/a da actividade.

o Número de prazas ofertadas e cubertas.

o Listado e idade dos participantes.

o Criterios de admisión.

o Calendario e horario de funcionamento da Escola.



Lugar de solicitude:

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no boletín oficial da província.



En prazo de presentación: 29/01/2010 - 18/02/2010

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información