Fene cidadán

Saltar menú

ALCALDÍA - CONCELLERÍA DE CULTURA, DEPORTES E XUVENTUDE

Acto institucional "Día da Patria Galega"

26 de xullo de 2010

Dulce Mª López Rivera, autora da declaración institucional "Día da Patria Galega 2010".

Foto monumento Parque Lineal Río Cádavo

Un ano máis o Concello de Fene, dende a  Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude, realizou o pasado sábado, 24 de xullo, o acto institucional para conmemorar o "Día da Patria Galega".

Este acto consistitu na colocación dun ramo de flores no monumento do Parque Lineal  Río Cádavo xunto coa actuación da Rondalla Estrelecer e na lectura da declaración institucional realizada pola escritora Dulce López:

         PEREGRINO

Non pases sede, peregrino,

que vés da Irlanda ou da Bretaña

navegando longos días e infindas noites

entoando antigos himnos celtas

ata chegar á nosa costa ártabra.

 

Non te deteñas, peregrino,

anda o camiño sen demora

(a gorxa seca espera e cala

e non se laia dos atrancos do camiño)

 

Na túa andaina a Santiago

has parar na terra dos nobres fidalgos

e das enormes grúas que apreixan o ceo.

 

 Sumiraste nun sono hipnótico

nos campos que branquean as limpas lavandeiras

e probarás as froitas gorentosas

das que nunca esquecerás o seu recendo.

 

E xa non pasarás máis sede, camiñante,

cando o xeneroso río Cádavo

encha os teus beizos de frescura.

 

Daquela saberás que estás en Fene,

pobo tan sufrido e tan festeiro,

que te acolle agora, peregrino,

e despois, facendo patria,

partirá contigo a Compostela.

 

 Dulce Mª López Rivera.

 No 25 de Santiago, Día de Galicia.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información