Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE CULTUDA, DEPORTES E XUVENTUDE

Noite de Cine en Sillobre

26 de xullo de 2010

O mércores, 28 de xullo ás 22:00 h, no adro da igrexa de Sillobre proxección de "Viaje al Centro de la Tierra"

Dirixida por Eric Brevig, responsable de efectos especiais curtido en superproducións como “El día de mañana”, esta adaptación da soada novela de Xullo Verne é un continuo de escenas de acción que parecen concibidas ex profeso para unha proxección de cine de verán. Brendan Fraser encarna a un arqueólogo moi similar ao de “La momia”, que segue os pasos dun irmán desaparecido nas entrañas da Terra tras investigar a obra de Verne desde un prisma científico.

En caso de choiva proxectarase no local social.

O ciclo "Noite de Cine" está organizado polo Concello en colaboración coas Sociedades Parroquiais Culturais e o patrocinio da Deputación.


Documentación

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información