20 de xullo de 2010
O venres 23 de xullo, ás 20.00 h, a Praza do Concello de Fene acollerá un Festival Cómico
Festival no que contaremos coas seguintes actuacións:
Clown and Popping: Espectáculo de circo, teatro e danza no que un paiaso inxenuamente atrevido, busca divulgar as novas ideas e diferentes maneiras de sensacións cómicas, utilizándoas tamén de maneira participativa. 60 minutos de intensa comedia, viaxando polo barrio de Djammal, onde o paiaso mostrará a ridícula forma de ser “supercool” ou “superguay”, con técnicas desdoncertantes de malabares e un forte despliegue de danza.....
O Taller: Espectáculo que conta unha historia de amor... O namoramento que se da entre dous personaxes diversos e variopintos: un vello mecánico e a boneca de corda que el mesmo construiu. Desde o comezo, a relación entre estes dous personaxes irá crecendo e cambiando, trasladando ao público diversas emocións, sempre coa constante do humor. Nun momento dado, o vello mecánico trasformarase nun xove forzudo que lanzará á boneca polos aires en espectaculares acrobacias. O teatro xestual e a pantomima xunto coa técnica acrobática fan deste número un espectáculo cheo de risa, tenrura, sorpresa e emocións...
Caldeirada: Temos o inmenso pracer, esta noite, de contar coa deliciosa e magnífica presencia, dun xenio en vida, dunha divinidade en terra, un visionario, un adiantado ao seu tempo... un deus¡¡¡. Imos ter a inconmensurable fortuna de presenciar un espectáculo sen igual, do que ningún de nós é lexítimo merecedor nen merecedora. Aquí chega o grande... Fiodorof Humodowski¡¡¡¡...e compañía. Caldeirada é un concerto patafísico, é un spaghetti western, é unha partida de pimpóm, son dous malabaristas, é o almacén da limpeza, é unha tomadura de pelo, é un experimento, é un absurdo...
As actuacións enmárcase dentro do programa do "Día da Patria Galega" do Concello de Fene baixo o patrocinio de Camiños de Cultura da Xunta de Galicia.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006