16 de xullo de 2010
O Mago Teto actuará o mércores 21 de xullo ás 22.00 h na Praza do Concello de Fene.
O espectáculo vén da man dunha selección dos xogos que máis éxito tiveron entre o público , así como a incorporación de novos números para o gozo de toda a familia. Trátase dunha longa viaxe de máis de 90 minutos polas distintas especialidades da maxia, dende grandes ilusións ata mentalismo; dende maxia cómica ata manipulación e maxia de preto (esta última, grazas á incorporación no espectáculo dunha pantalla de 2 metros e os métodos audiovisuais máis modernos, que fan posible que os espectadores poidan presenciar dende as súas butacas grandes milagres con pequenos obxectos tales como moedas, cartas ou navallas). Todo o show vai acompañado de situacións cómicas e surrealistas provocadas polo propio mago.
A actuación enmárcase dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006