Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE CULTURA DEPORTES E XUVENTUDE

V Festival de Habaneiras

19 de xullo de 2010

O xoves 22 de xullo, ás 21.00 h, na praza do Concello de Fene terá lugar o V Festival de Habaneiras, interpretado polas corais do concello.

A primeira agrupación en subir ao escenario será Rondalla Estrelecer, que dirixida por Javier Amado interpretará "Chanteiro", "Canto de Amiga" e "O Camiño Inglés".

De seguido, dirixidos por Sergio Bernal, os membros da Coral Polifónica de San Valentín interpretarán "A Tí," "El Ruiseñor y la Flor" e "Paloma Mensajera".

Desde Sillobre, a coral da SCR Agarimo dirixida por Sergio Bernal interpretará "Amor Compartido", "Con Sabor Tropical "e "De Colores".

De seguido a Coral Polifónica O Pote de Maniños baixo a batuta de Miguel Brotóns interpretará "Lucero de Mis Noches", "La Sirena", "Mi Viejo San Juan".

Pechará o festival a Coral Eterna Xuventude dirixida por Sergio Bernal Fuster e que interpretará "La Reina del Placer", "Don Gil de Alcalá" e "Ay Lola"

O V Festival de Habaneiras do Concello de Fene é unha actividade enmarcada no Ciclo Día da Patria Galega.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información