15 de xullo de 2010
O concello engalana as principais rúas con bandeiras galegas e convida a veciños e veciñas este 25 de xullo a pendurar a nosa bandeira nas fenestras e balcóns dos seus domicilios. As persoas interesadas poden recoller a súa bandeira galega en xornada de maña na Casa do Concello.
Asemade, o vindeiro 24 de xullo terá lugar o acto institucional con motivo do “Día da Patria”, será ás 12.30 horas no Parque Lineal do Río Cádavo.
Ofrenda Floral coa actuación da Rondalla Estrelecer seguido da lectura da Declaración Institucional polo Día da Patria Galega.
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006