Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE CULTURA, DEPORTE E XUVENTUDE

Peche das instalacións deportivas municipais

4 de febreiro de 2010

Comunicado sobre o peche das instalacións deportivas municipais

O concello de Fene a través da concellería de Deportes quere comunicar a todos/as os/as usuarios/as afectados/as que debido o  conflicto laboral dos traballadores de instalacións deportivas que estamos sufrir,  nos vemos na obriga de pechar as instalacións deportivas, “pavillón A Xunqueira e piscina municipal de Centieiras”. logo das presións exercidas polos piquetes de folga.

Nunha xuntanza mantida polos concelleiros de deportes de Fene,  Ferrol, Narón, e As Pontes acordouse:

•    Instar a FEGAMP para que medie no conflito laboral que estes traballadores manteñen e que faga as xestións necesarias para que se chegue a un punto de encontro entre as partes.

•    Como medida cautelar no concello de Fene ao igual que nos outros tres concellos,  as instalacións deportivas estarán pechadas  ao público ate o próximo domingo día 7 de febreiro si non se soluciona o conflito ata esa data,  en aras de evitar posibles situacións violentas entre traballadores, usuarios, e piquetes informativos.

•    No caso que ao longo desta semana non se produzan avances e se desconvoque a folga o vindeiro luns día 8 de febreiro todas as instalacións deportivas abrirán as súas portas.

Lembrarlles que a empresa que leva  a cabo os labores de mantemento e monitoraxe  de actividade nas instalacións deportivas municipais non secunda esta folga.

E comunicarlles que dende o concello de Fene rogamos saiban comprender a situación allea na que nos vemos envoltos, e ante que tivemos que adoptar unha posición na que prevalece a seguridade persoal,  tanto de usuarios que nos confían para o desenvolvemento das súas actividades deportivas nas nosas instalacións, como dos traballadores que nelas traballan.

Fene, 04 de febreiro


Documentación

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información