28 de xaneiro de 2010
O departamento de Servizos Socias do Concello de Fene, informa a todos os veciños e veciñas interesadas que o concello de Fene a través deste departamento, colaborará co plan de actuacións de apoio a colectivos en risco de exclusión para a transición á televisión dixital terrestre (TDT)
Obxecto
Consiste na entrega ás persoas beneficiarias dun equipo sintonizador TDT e forma parte das actuacións do Plan de Apoio a Colectivos con Risco de Exclusión, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones e para a Sociedade da Información e no que colabora a Comunidade Autónoma.
A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones é a titular do equipo que lle será entregado e, durante el prazo de catro anos desde a data de instalación, cede o seu uso á persoa beneficiaria que, pola súa banda, comprométese a facer un uso dilixente do mesmo, e conservalo en condicións axeitadas. Transcorrido dito prazo, ou tendo desaparecido as circunstancias que xustificaron a súa entrega, deberá entregalo ao organismo que lle será comunicado ao recibir o equipo.
Colectivos beneficiarios
• Persoas con discapacidade visual e/ou auditiva recoñecida cun grao de discapacidade total igual ou superior ao 33%.
• Persoas maiores de 65 anos con graos de dependencia Grao III (Gran dependencia), ou Grao II (Dependencia severa) en niveis 2 e 1.
• Persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou na compaña doutra persoa maior de 80 anos.
Requisitos
• Pertencer a polo menos un dos colectivos beneficiarios do Plan.
• Non ser beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas.
• Non dispor xa dun descodificador TDT.
Documentación:
A documentación se lle facilitará e tramitará no Depatamento, tendo as persoas interesadas aportar:
• DNI orixinal e fotocopia.
• Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza do beneficiario a un dos colectivos beneficiarios do plan:
Grao de dependencia: documento acreditativo correspondente emitido por ala Comunidad Autónoma.
Grao de minusvalidez: documento acreditativo da condición de persoa con minusvalidez visual ou auditiva e documento acreditativo dun grao de minusvalidez total igual ou superior ao 33% emitido por ma correspondente.
Persoa maior de 80 anos que vive soa: non é necesario presentar ningún documento adicional, e unicamente é preciso asinar o formulario de solicitude
O Concello tramitará ás solicitudes pesoalmente e recollerá os TDT que correspondan para facerlle entrega dos mesmos as persoas beneficiarias.
Máis información
Departamento de Servizos Sociais
Avda Naturais, 44-entresollado. Fene.
Tfno: 981.342607 // 981 492706
Aviso legal | Accesibilidade | RSS
Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006