Fene cidadán

Saltar menú

CONCELLERÍA DE COMUNICACIÓN

Certame de cartas de amor

22 de xaneiro de 2010

Radiofusión convoca a XI edición do Certame Cartas de Amor.

O fallo do concurso daráse a coñecer a través dos medios informativos o vindeiro 14 de febreiro, Día dos Namorados e festividade de San Valentín.

O autor ou autora da carta  que resulte premiada recibirá como galardón unha cea para dúas persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol. Poderá excoller un cuarto dobre ou dous individuais.

As persoas interesadas en participar deberán enviar a Radiofusión (Casa do Concello. 15500 Fene, A Coruña) ou a caixa de correo direccion@radiofusion.eu unha declaración de amor, en prosa ou en verso que non exceda dun folio mecanografiado a dobre espazo. Tamén se admitirán cartas redactadas a man, sempre que sexan intelixíbeis.

As cartas de amor enviaránse baixo plica e terán que estar en poder de Radiofusión antes do 11 de febreiro inclusive. Con anterioridade a esa data darase a coñecer a composición do xurado.

As declaracións deberán de estar redactadas en lingua galega.

As interpretacións das bases corresponden ao xurado.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

Concello de Fene. Avda do Concello s/n. Teléfono 981 492 707
© Fene Cidadán 2006

Fene Concello

Subvencionado por:
Xunta de Galicia. Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información